Visita ao Museo da Ciencia en Gondomar

Neste curso os alumnos de quinto estiveron a traballar na clase os estados da materia, os cambios de estado, as propiedades da materia, as mesturas, os seus tipos e as formas de separar os seus compoñentes así como os cambios físicos e químicos.

Baixaron ao laboratorio e comprobaron que o vocabulario que aparece no libro permítelles identificar os diferentes instrumentos que podían precisar para o seu estudio, instrumentos como matraces, vasos de precipitado de diferentes materiais e capacidades… 

Estiveron a indagar no patio para completar unha ficha de  observación na que ademáis  de  descubrir a presencia de diferentes seres vivos, nos que non tiñan reparado, descubriron a importancia de deixar constancia do momento no que se está a facer a observación.

Logo de tanta actividade e antes de demostrar todo o aprendido nunha proba escrita visitamos o    Museo da Ciencia.

O Museo da Ciencia non é un museo ao uso. Un cartel na entrada coa menxase “Prohibido non tocar” xa deixa claro que se trata máis dun taller de experimentación que dun museo. O éxito da visita vén da man do entusiasmo coa que os seus creadores e guías Suso e Amparo nos foron amosando experimentos nos que poidemos descubrir a aplicación do traballado na escola como a expansión dos gases na máquina de vapor ou o uso dun densiómetro. 

Pero a visita deu para moito mais: fabricaron un “submarino” que funciona coa presión dos dedos e que lles quedou de recordo da visita, levantaron un arco de medio punto como os que construían os romanos, e mesmo poideron colocar e ver como unha bóla xira nun chorro de auga polo efecto coanda.

Se queredes coñecer que outras actividades e aprendizaxes están a realizar para conseguir que se disfrute aprendendo visitade a súa web: www.cienciamovimiento.com