Un paso máis na renovación da Biblioteca
Dende o Equipo de Biblioteca, estase a levar a cabo nos últimos cursos, unha profunda renovación deste espazo coa intención de convertelo nun lugar de encontro, onde todos os alumnos poidan desenvolver a súa imaxinación e atoparse co marabilloso mundo da literatura.
Tras a renovación de parte do mobiliario para facilitar a lectura e o traballo por equipos, creouse un novo e acolledor espazo onde relaxarse e gozar dun bo libro ou, no caso dos máis pequenos, das sesións de contacontos.
Así mesmo, estase a ampliar o catálogo de libros dispoñibles, engadindo obras suxeridas por alumnos e profesores, para tentar recoller todos os xéneros e lograr un fondo de biblioteca amplo e heteroxéneo.
Estamos desexando ver todas as novidades!