Esther Estévez, presentadora do DigochoEu, en Miralba
Os alumnos de 5º seguen avanzando no seu proxecto «Somos Reporteiros». Nestes días están a perfeccionar a realización dunha técnica periodística moi importante: a entrevista.
Hai uns días entrevistaron en castelán a unha comadrona do hospital Cunqueiro que recientemente estivo no Sahara colaborando na creación dun centro de atención á muller.
Hoxe tocaba a entrevista en galego e tivemos a sorte de contar coa visita «virtual» de Esther Estévez, presentadora do Digocho Eu e recente gañadora dun premio Mestre Mateo.
Durante a entrevista compartimos algúns das nosos vídeos, nos que facemos unha imitación dos seus programas. Esther díxonos que lle gusta moito que nas escolas se estea a usar o programa para aprender galego e que os nosos vídeos están moi ben feitos.
A entrevista resultou moi amena e interesante. ¡Moitas gracias Esther!.