Charla para Bacharelato: A lingua galega, unha oportunidade
O alumnado de 1º de Bacherelato asistiu a unha charla do director do Servizo de Normalización Lingüística da Universidade de Santiago de Compostela, Manuel Núñez Singala.
A conferencia tivo lugar no Auditorio do Concello de Vigo e o titulouse “A lingua galega: unha oportunidade”. Singala facilitou datos salientables coma que o galego está, nun mundo con máis de 5000 linguas, no posto 136 en canto a número de falantes. Amais, a adopción da nosa lingua nas plataformas tecnolóxicas como Google, Meta, Twitter ou Windows destaca e ten unha presencia máis elevada do que inicialmente parece.
Núñez Singala, que tamén é escritor e conta con máis dunha ducia de publicacións, puxo o foco sobre as fortalezas e debilidades da nosa lingua. Grazas a el, o alumnado puido reflexionar e -a través de historias e experimentos prácticos- tomar conciencia de que o futuro da lingua galega depende de eles.
A web persoal do autor ofrece máis información sobre a súa traxectoria: