Arqueólogos por un día

Os alumnos de quinto o venres 4 de marzo visitaron o Parque
Arqueolóxico Rupestre de Campo Lameiro.
Na visita poideron observar os petroglifos da “laxe dos
carballos” nos que se representa a escena dun cervo provisto
dunha gran cornamenta atravesado por lanzas, e na estación
do “outeiro dos cogolludos” poideron disfrutar da
representación dunha escena de caza prehistórica.
No seu paseo polo Parque atopáronse coa recreación dun
poboado da idade de bronce. Nese espacio reflexionaron sobre
o que aportan os achádegos arqueolóxicos e como hai que
analizar a súa información.
Finalmente xogaron a ser arqueólogos. Puxeron en práctica
dous mecanismos para reproducir, sin danar, os gravados
rupestres e cubriron unha ficha cos datos que debemos ter en
conta si descubrimos un gravado para que sexa estudiado e
protexido.

Podedes coñecer mellor este fantástico espacio da provincia de Pontevedra visitando a súa web: https://www.paar.es.