Visita ós Bombeiros

O alumnado de 5 anos visitou o Parque de Bombeiros de Vigo. Alí aprenderon moitas cousas relacionadas con este traballo tan fascinante. Visitaron as instalacións e amosáronlles algúns dos utensilios e aparellos que empregan cando necesitan apagar un lume.

Explicáronlles, entre outras cousas, que levan roupa especial, cómo funciona unha bombona de osíxeno e que eles tamén son mergulladores pero de fume. Ademáis de ensinarlles os diferentes camións de bombeiros, puideron subir nun deles. Tamén foron o ximnasio, o comedor e a sala de descanso. Viron os diferentes chorros de auga que pode ter unha mangueira e finalmente deixáronlles baixar pola barra coma auténticos bombeiros.

Disfrutaron moito desta saída tan divertida!

IMG_1114