img_20190507_162720.jpg

Raquel Castro visitou o colexio Miralba

Raquel Castro autora do libro A formiga fóra do carreiro deleitounos cunha charla sobre o libro que estivemos a ler nas últimas datas os alumnos de 1o da ESO.

Raquel é profesora de lingua galega no IES Ribeira do Louro e directora dun grupo de teatro infantil, escribe as súas propias obras para que sexan interpretadas polos sus alumnos.

Explicounos que quixo que a protagonista do libro fose unha formiga por dous motivos moi sinxelos que van ligados entre sí:

- As formigas son animais que seguen o seu camiño, xa que nacen cun destino definido ao que seguen sen lamentarse. Traballan e fan o que é propio delas.

- Que a protagonista fose muller para recordar que aínda hai mulleres (alumnas suas de etnia xitana) que se ven obrigadas a deixar os estudos con 16 anos, empezar a traballar e incluso contraer matrimonio a temprana idade.

Contounos que a sua afección por escribir venlle dende pequena cando disfrutaba escribindo as redacción que lle pedía o seu mestre de lingua galega. Tamén que os personaxes estiveron inspirados nalgunha persoa da sua vida que eran xentes retranqueiras, tradicionais e cun bo gusto pola vida.

Unha das preguntas que lle fixemos foi se deixaba ler os seus libros a alguén, antes de mandalos á editorial. Raquel díxonos que llos ensinaba ás súas fillas e xa só con ollar as súas caras intuía decontado o seu parecer.

Contou que o teatro e máis a lírica non eran tan coñecidos como a narrativa, así que estaba chea de ledicia ó ter tantas ventas do libro e ver que a xente tamén lía o teatro.

Sofía Fernández (1ºESO)

Biblioteca

Canal de la Biblioteca