captura_de_pantalla_2019_06_18_a_la_s_15_30_57.png

Festas Miralba 2019

captura_de_pantalla_2019_06_18_a_la_s_15_30_57.png

Un ano máis as festas do colexio arrancaron co tradicional pregón de 1º de Bacharelato no que o tema elixido foi Miralba Estudos co que todos recordamos grandes momentos do cine, os musicais e os debuxos animados da nosa infancia. Os diferentes personaxes de Grease, Mamma Mía, Sister Act, Hannah Montana ou High School Musical entre outros foron os protagonistas da película Festas Miralba 2019 e os encargados de presentar cada unha das actividades que terían lugar o xoves 30 e o venres 31 de maio.

Unha vez pregoadas as festas, chegou ao patio cuberto do cole a Rifa Solidaria, presentada este ano pola periodista Paula Montes. A nosa invitada de este ano foi Susana Rodríguez Gacio, quen nos achegou os valores do deporte a súa experiencia como campioa do mundo e de triatlón paraolímpica. Os play back, as exhibicións do CD Miralba, e o maratón de baile completaron a xornada do xoves.

O venres 31 de maio pola mañá tivo lugar o noso último encontro como comunidade educativa do ano. Para conmemorar todos xuntos o nacemento a Nai Cándida compartimos unha celebración de Acción de Gracias na que recorremos moitos momentos do ano nos que familias, alumnos e educadores estivemos enREDados. Xuntos fomos poñendo nunha rede os símbolos que deron mostra disto como lembranza do que foi todo este ano. Ademais cada etapa achegou ao centro do patio as misións que se nos encomendaran na celebración do 150 aniversario do Rosarillo e que levamos a cabo estes meses nas aulas. Así, as frases da Nai Cándida encheron o patio xunto aos carteis que cada coordinador entregou aos rapaces e que estarán expostos nos pasillos do colexio.

Espectáculos de animación, xincanas para Primaria e Secundaria, xogos populares, inchables e taller de cociña en inglés, partidos de fútbol, exhibición de ximnasia, urban dance e ballet completaron as actividades do venres, rematando coa festa familiar e o DJ co que puxemos punto e final a dous días de diversión, entusiasmo e festexos.

Noticias

Noticias.png

Lo que pasa en Miralba, noticias de la vida cotidiana del colegio

IMG_8951-2015-02-10-20-57-22.JPG

En este canal se publican las noticias de la vida cotidiana del colegio.